Un xuíz avala que tocar música durante a baixa por depresión é beneficioso para a recuperación
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia determinou que tocar a guitarra pode ser beneficioso para a recuperación de traballadores en baixa por trastornos psíquicos. A sentenza indica que participar en actividades musicais durante a incapacidade temporal non se considera unha transgresión da boa fe contractual, xa que non prexudica a recuperación do traballador.
O caso xurdiu cando un traballador, que pediu a baixa por ansiedade e depresión, foi despedido tras participar en concertos. O xulgado declarou improcedente o despido e obrigou á empresa a readmitilo ou a pagar unha indemnización de 8.855 euros. Os maxistrados subliñaron que a música pode ser parte da terapia de recuperación e non interfere na actividade laboral.