O CES aproba o ditame sobre a redución da xornada laboral

O Consello Económico e Social (CES) deu luz verde ao seu ditame sobre o anteproxecto de lei para a redución da xornada laboral, subliñando a súa importancia social. Non obstante, o CES considera que a análise do impacto económico da medida é “insuficientemente fundamentada e incompleta”. O informe, que non ten carácter vinculante, é un paso necesario na fase consultiva do anteproxecto.

O CES non se posiciona sobre se a redución debe ser implementada por lei ou a través da negociación colectiva, reflexando as discrepancias entre as organizacións representadas. Mentres que o Ministerio de Traballo e os sindicatos propoñen establecer unha xornada máxima legal de 37,5 horas semanais, as patronais prefiren un enfoque máis gradual e negociado.

O ditame defende a redución da xornada, pero enfatiza a necesidade de considerar a diversidade do tecido produtivo, suxerindo unha entrada en vigor flexible para diferentes sectores. O Ministerio de Traballo valorou o apoio do CES e espera que este respaldo facilite a aprobación da medida, que será debatida no Parlamento.

Tamén che podería gustar...